UNHA PAISAXE
DE PAISAXES
Aquí os dejamos el resultado de la gran obra colectiva realizada por todos los hombres y mujeres de la entidad!! Enamorados del resultado!!
Aquí os dejamos el resultado de la gran obra colectiva realizada por todos los hombres y mujeres de la entidad!! Enamorados del resultado!!
Con motivo do Día Internacional dos Museos, que terá lugar o próximo luns 18 de maio, APAMP leva a cabo un Obradoiro en colaboración co MARCO. Unha actividade
complementaria da exposición “Manuel Colmeiro: espazos e encadramentos”
A
paisaxe, como xénero da pintura, adquire nas mans dun artista como Manuel Colmeiro
unha forte dimensión lírica e simbólica, como representación dun lugar
rememorado e evocado dende a distancia. Esta actividade toma como punto de
partida imaxes das paisaxes de Colmeiro presentes na exposición, para imaxinar e
recrear os sons, olores e texturas presentes nese lugar. Un xogo no que entran
en acción todos os sentidos.
A actividade, levada a cabo nos talleres do centro
de Navia de APAMP en Vigo, e aberta á participación de todas as familias e
persoas usuarias da Asociación a través da rede, dará como resultado unha peza
audiovisual composta por diferentes historias (obras gráfico-plásticas,
fotografías, audios narrativos e descritivos, poemas, frases, anacos literarios…)
sobre a nosa paisaxe preferida, ou imaxinada.
Participantes:
usuarios e equipo talleres APAMP en colaboración co MARCO
Destinatarios:
público en xeral, público familiar, infantil e adulto.
Animádevos a participar! Pincha sobre la imagen para ver nuestro vídeo!
Comentarios
Publicar un comentario